González Abelleira visita as instalacións de ASPNAIS, que abre as súas portas con motivo do seu 50 aniversario

A Concelleira recorreu o centro ocupacional, no que máis dun cento de persoas da provincia desenvolve as súas actividades

Mércores, 24 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
González Abelleira visita as instalacións de ASPNAIS, que abre as súas portas con motivo do seu 50 aniversario

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitou este mércores as instalacións do Centro Ocupacional nº2 de ASPNAIS, situado no Polígono da Louzaneta. Trátase dunha visita enmarcada nos actos do 50 aniversario deste colectivo, coa que pretenden achegar aos visitantes a súa realidade diaria e o seu funcionamento.

Durante a visita, González Abelleira, que estivo acompañada por traballadores, fixo fincapé no “excepcional labor desta asociación en favor da integración das persoas con diversidade funcional”. 

A edil recorreu as instalación do centro, no que máis dun cento de persoas da provincia desenvolven as súas actividades, entre as que destacan talleres de cerámica e carpintería, manufactura artesanal de fregonas ou envasado de produtos.

Posteriormente, González Abelleira trasladouse ao centro de día José López López, onde tivo a oportunidade de coñecer outras das actividades que leva a cabo o persoal desta entidade social, como elaboración de alfombras ou a realización de obxectos decorativos.

A pasada semana, o colectivo de ASPNAIS visitou a Casa Consistorial, na que foi a súa primeira Saída á rúa, un programa de visitas a diferentes insituticións que a entidade organizou con motivo dos seus 50 primeiros anos de vida. 

Multimedia

  • González Abelleira visita as instalacións de ASPNAIS, que abre as súas portas con motivo do seu 50 aniversario

Noticias relacionadas