González Abelleira participa nas xornadas que conmemoran os 15 anos do programa de inclusión Acceder

Trátase dunhas xornadas, organizadas pola Fundación Secretariado Gitano, que pretenden visibilizar o impacto que este programa tivo na mellora da situación da comunidade xitana

Mércores, 02 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana González Abelleira participou no Cículo de Belas Artes de Madrid nas xornadas 15 años, 15 hitos, Por la inclusión de la comunidad gitana

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participou este mércores no Cículo de Belas Artes de Madrid nas xornadas 15 años, 15 hitos, Por la inclusión de la comunidad gitana, organizadas pola Fundación Secretariado Gitano (FSG) para celebrar os 15 anos do progama de inclusión Acceder. Trátase dunhas xornadas que pretenden visibilizar o impacto que este programa tivo na mellora da situación da comunidade xitana.

A Fundación Secretariado Gitano (FSG) é unha entidade sen ánimo de lucro que dende os anos 60 presta servizos para a promoción integral da comunidade xitana dende a atención á diversidade cultural. O Concello colabora co “gran labor” deste colectivo, ao que a entidade local outorga neste 2015 unha axuda económica de 38.000 euros, destinados a desenvolver o programa operativo de loita contra a discriminación.

Noticias relacionadas