Gastronomía e Entroido mestúranse esta fin de semana no Mercado Municipal de Lugo

Carmen Basadre anunciou o GastroEntroido que terá lugar este venres e sábado, de 17:00 a 19:00 o primeiro día, e de 11:30 a 13:30 horas o segundo

GastroEntroido trátase dunhas xornadas que buscan fomentar o coñecemento dos produtos do Mercado e elaborar con eles receitas destas datas, así como promover esta instalación municipal, xunto coa Praza de Abastos

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa, aberta ao público e gratuíta, pódense inscribir no 010, e para os de fóra de Lugo, chamando ao 982-29-73-50

Mércores, 15 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Gastronomía e Entroido mestúranse esta fin de semana no Mercado Municipal de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou este mércores unha nova iniciativa gastronómica do Concello para darlle o pistoletazo de saída ao Entroido. Trátase do GastroEntroido, que dá continuidade ao GastroNadal, e que busca fomentar o coñecemento dos produtos do Mercado Municipal, xunto cos da Praza de Abastos, e elaborar con eles receitas específicas destas datas, tanto de comidas como de doces típicos, aproveitando os recursos de ambas instalacións municipais. Ademais, preténdese impulsar estos espazos.

O Mercado Municipal acollerá esta iniciativa gastronómica este venres e sábado, de 17:00 a 19:00 horas o primeiro día, e de 11:30 a 13:30 horas o segundo. As xornadas estarán impartidas por profesionais da hostelería.

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa, aberta ao público e gratuíta, pódense inscribir no Servizo de Información Cidadá 010, e para os de fóra de Lugo, chamando ao 982-29-73-50. Así mesmo, os propios días de celebración destas xornadas, os e as interesadas pódense achegar ata o Mercado. O número máximo por xornada é dunhas 20 persoas. 

Audio

Noticias relacionadas