A fotógrafa Niloufar Banisadr, que expón as súas obras no Vello Cárcere, imparte este xoves unha conferencia sobre a muller artista iranía na arte contemporánea

Será a partir das 20:00 horas no auditorio deste centro cultural. Baixo o título Arte, desafío e cultura, a artista iranía afincada en París, versará a súa charla sobre o seu traballo e a súa experiencia persoal

A conferencia, posta en marcha coa colaboración da galería luguesa About Art e da francesa 55 Bellechasse Paris & Miami, enmárcase dentro do programación cultural do Concello e abre ademais as actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller

A mostra autobiográfica, composta por distintas series de fotografías, un total de 35, poderase visitar ata o día 11 de marzo nas celas de mulleres

Martes, 27 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A fotógrafa Niloufar Banisadr, que expón as súas obras no Vello Cárcere, imparte este xoves unha conferencia sobre a muller artista iranía na arte contemporánea

O auditorio do Vello Cárcere acollerá este xoves, 1 de marzo, a partir das 20:00 horas, unha conferencia da artista iraní afincada en París, Niloufar Banisadr, que actualmente expón a súa obra neste mesmo centro cultural. A conferencia, sobre a súa experiencia vital e profesional como artista muller iraní no marco da arte contemporánea, foi posta en marcha coa colaboración da galería luguesa About Art e da francesa 55 Bellechasse Paris & Miami, enmárcase dentro do programación cultural do Concello de Lugo  e abre ademais as actividades de cara a conmemorar o Día Internacional da Muller. A entrada é libre ata completar aforo.

A conferencia vaise desenvolver na contorna da exposición titulada Brave, comisariada por María Díaz de About Art, que se atopa a día de hoxe na zona de celas de mulleres. Irán, París, Lugo está formada por distintas series fotográficas, un total de 35, entre as que destacan unha selección de imaxes inéditas relacionadas coas mulleres iranianas encarceadas en Teherán despois de manifestarse nas rúas da cidade no ano 2009.

Baixo o título de Arte, desafío e cultura, Banisadr versará a súa charla sobre a experiencia dende os seus primeiros traballos artísticos que foron censurados ata os desenvovlidos actualmente no seu exilio en Francia, recorrendo o mundo coa súa arte. Ademais, a artista falará sobre o seu compromiso coa muller e a súa visitón da mesma no ámbito da arte contemporánea, sempre desde unha perspectiva de compromiso social e gran actualidade.

A artista

Niloufar Banisadr nace en Teherán no ano 1973 nunha tranquila familia tradicional, maiormente relacionada co Sah de Persia. Un dos seus tíos converteuse no presidente electo despois da revolución islámica, pero en menos de dous anos viuse obrigado a exiliarse, algo que marcou en gran medida a vida de familia.

Estudou Belas Artes na súa cidade natal pero pronto atópase co problema da censura, o cal lle chega a supoñer un perigo real para ela e a súa familia, coa súa primeira serie artística She is light, na que estuda a relación do seu corpo no espazo arquitectónico. A partires dese momento, e aínda moi nova, foi conscente da falla de liberdade creativa no seu país, sobre todo no que respeta a ela como artista e como muller, polo que comenza a substituir o seu propio corpo polo dunha cadeira que a vai retratar en multitude de lugares e posicións, viaxa con ela polo mundo e chega así a ser unha artista recoñecida no seu país.

Cando Niloufar ten a madurez suficiente e grazas á súa posición social, dunha familia da aristrocracia iraniana, depois de viaxar polo mundo, decide buscar a liberdade en Europa e instálase en París. É a partir deste punto que comeza a traballar máis libremente e gradualmente a se librar do fardo da censura á que fora sometida en Irán e inconscientemente internalizada en ela mesma.

Hoxe, a arista iraniana é conscente de que non é 100% libre, sempre coida de ensinar certas obras demaisado explícitas, sobre todo nas redes sociais e na prensa, por medo a represalias contra ela e a súa familia.

Na serie Mes voyages, que se pode ver no Vello Cárcere, atópanse imaxes da súa nova vida en Francia e as súas constantes viaxes ao redor do mundo como artista. Conta unha nova historia, a historia dunha viaxe de 15 anos, unha loita entre a lbierdade e a censura, a tradición e a modernidade, o íntimo e o universal, oriente e occidente; en definitiva, é unha loita constante e sutil da artista cara á liberdade, dende unha perspectiva estética e contemporánea.

A obra, reflexo do conflito entre a liberdade e a censura

A obra reflicte o conflito entre a liberdade e a censura e suxire  unha loita para desfacerse dos grilletes da tradición. É unha mostra autobiográfica na que Niloufar Banisadr amosa a historia, os sentimentos a as contradicións entre a cultura iráni e a francesa, amosando, a través dunha apariencia provocativa, a dualidade da súa mente e entre dúas apariencias impostas.

A mostra, que é de acceso gratuíto, poderase visitar todos os días da semana ata o 11 de marzo, en xornada de mañá, de 11:00 a 14:00 horas os luns, e en xornada de tarde, de 17:30 a 20:30 horas os martes, mércores e domingos; de 17:30 a 23:00 horas os xoves e venres, e de 17:30 a 22:30 horas os sábados.

Audio

  • Ana Abelleira, sobre a fotógrafa Niloufar Banisadr | Descargar mp3

Noticias relacionadas