As Fontiñas consolida a súa Feira Medieval na axenda cultural primaveral de Lugo

Miguel Fernández, Antonio Rodríguez e Anxo Fernández presentaron a programación da oitava edición desta cita, que acollerá a Praza do Camiño Primitivo e o boulevard esta fin de semana

Mércores, 24 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As Fontiñas consolida a súa Feira Medieval na axenda cultural primaveral de Lugo

O Voceiro Municipal, Miguel Fernández, un representante da Asociación de Hostaleiros de Fontiñas, Antonio Rodríguez, presentaron este mércores, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, unha nova programación da Feira Medieval de Fontiñas, que nesta oitava edición consolídase na axenda cultural primaveral de Lugo. Celebrarase esta fin de semana, o venres 26, sábado 26 e domingo 28 de abril, tanto na Praza do Camiño Primitivo como no boulevard, coa colaboración do Concello. No acto tamén estivo presente o responsable da empresa organizadora do evento, Anxo Fernández.

Na presentación, Miguel Fernández puxo o acento no "caracter emprendedor de Fontiñas", ao tempo que destacou o bo facer dos hostaleiros que desenvolven esta iniciativa, !que ademais de devolvernos á nosa historia, constitúe oportunidade para dinamizar e xerar actividade económica no barrio". Para rematar, o Voceiro convidou á veciñanza a regresar á Idade Media con diversas actividades, "moi de agrado para todas as persoas visitantes".

Pola súa banda, Antonio Rodríguez agradeceulle ao Concello a axuda e as facilidades para poder celebrarse unha vez máis esta cita, á que lle augurou moito éxito. 

Tal e como explicou Anxo Fernández, quen tamén tivo palabras de agradecemento para o Concello con este evento, a VIII Feira Medieval de Fontiñas contará coa asistencia duns 60 postos, tanto de Lugo como doutras provincias galegas e incluso de fóra de Galicia. Arrincará o venres, ás 18:00 horas, coa apetura dos postos de artesanía, alimentación e produtos varios, así como a apertura do recuncho infantil, que conta cun tiovivo, un barco medieval e a cama elásticas; a ludoteca e o rincón medieval, con catapulpa, onde se poderán facer fotos. Posteriormente Son de Lugh ambientará o feiral. O sábado o mercado cobrará vida a partir das 11:00 horas. Mónica Atómica e Lucus Medieval amenizarán a feira antes do pregón, que se celebrará ás 14:00 horas na Praza do Camiño Primitivo, a cargo do Deputado Provincial, Álvaro Santos. Cetretría, lume e malabares completan a programación, que se desenvolverá ata o domingo ás 23:00 horas.

Audio

  • O edil Miguel Fernández, sobre a Feira Medieval | Descargar mp3

Multimedia

  • As Fontiñas consolida a súa Feira Medieval na axenda cultural primaveral de Lugo

Noticias relacionadas