A fonte de San Vicente manará viño de novo este domingo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da asociación Lugo Monumental, Luis Latorre, convidaron a todos os veciños e veciñas a participar este domingo na festa do Milagre de San Vicente, na que a fonte da Praza do Campo manará de novo viño. 

Xoves, 26 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A fonte de San Vicente manará viño de novo este domingo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da asociación Lugo Monumental, Luis Latorre, convidaron a todos os veciños e veciñas a participar este domingo na festa do Milagre de San Vicente, na que a fonte da Praza do Campo manará de novo viño.

A asociación de hostalería organiza este xa tradicional e vistoso evento, que fai coincidir co día de Santa Marta, patroa dos hostaleiros, e co que colabora o Concello de Lugo. O programa comezará ás 12.30 horas coa entrega do título de Socios de Honra, que este ano recae en Lugo en Fotos, seguida da homenaxe a un hostaleiro, este ano Alberto García, do Mesón de Alberto, para logo ter lugar xa o milagre do viño na fonte.

Son de Lugh amenizará a festa. Méndez e Latorre estiveron acompañados por Ana González Abelleira, Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, e Toñi Iglesias, directiva de Lugo Monumental.

Noticias relacionadas