As festas e manifestación históricas europeas citáronse hoxe en Lugo

A Alcaldesa e a Concelleira de Cultura mantiveron un encontro cos participantes na asemblea da Confederación Europea de Festas e Manifestacións, que se celebra por primeira vez en España

Sábado, 15 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As festas e manifestación históricas europeas citáronse hoxe en Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, mantiveron esta mañá un encontro cos participantes na asemblea da Confederación Europea de Festas e Manifestacións, que acolleu este sábado o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). Esta é a primeira vez que España acolle esta asamblea, na que está presente o Arde Lvcvs, festa asociada a esta confederación.
 
Durante o encontro, no que houbo intercambio de agasallos, a rexedora deulles a benvida aos representantes das diversas asociacións de 10 países diferentes, España, Francia, Alemaña, Italia, Portugal, Bélxica, Holanda, Hungría, Polonia e Romanía, todos os integrantes que conforman esta confederación, cuxa actividade principal é a divulgación dos festexos asociados para facilitar un maior e mellor coñecemento deles, así como para pór en valor o patrimonio de cada unha das cidades integrantes, proporcionándolles, do mismo xeito, un impulso económico e turístico.
 
Así mesmo, Lara Méndez convidou aos asistentes, ademais de a compartir experiencias e deseñar estratexias e proxectos comúns para todas as festas, a descubrir a cidade de Lugo, os seus tres Patrimonios Mundiais, a súa historia, a súa gastronomía e as súas xentes.
 
Tras a asamblea, os participantes realizarán unha ruta guiada pola cidade e achegaranse a cenar ás casetas do polbo.

Noticias relacionadas