A Festa da Xuventude ‘en pantuflas’ deste sábado contará con música en directo do Dj lugués Marcos Peón

A concelleira da área, Ana González Abelleira, anima á mocidade lucense en participar para manter o optimismo e a unidade nesta complicada situación

O Dj lugués Marcos Peón será o encargado de poñer o ritmo nas nosas casas con música en directo

Venres, 15 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O goberno de Lara Méndez, dende a área de Xuventude que dirixe Ana G. Abelleira, convida aos mozos e mozas de Lugo a sumarse á celebración da Festa da Xuventude en pantuflas.  O Dj lugués Marcos Peón será o encargado de poñer o ritmo nas nosas casas con música en directo, o evento terá lugar este sábado e dará comezo ás 22:00 horas, a través do Facebook do Concello.

“Nesta ocasión, ante a imposibilidade de realizar actos a pé de rúa pola pandemia do coronavirus, decantámonos polo formato dixital, ao que está xa moi afeita a mocidade”, comentou a edil, quen animou aos mozos e mozas a participar “xa que temos que manter o optimismo e a unidade nesta complicada situación”.

Noticias relacionadas