Felipe Rivas: “as axudas para libros de texto estará neste ano 3 meses antes que en cursos anteriores”

Felipe Rivas: "agardamos que para o vindeiro curso escolar as familias poidan recibir os vales nas primeiras semanas de clases"

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá as bases polas que se rexerá o procedemento

Xoves, 20 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Felipe Rivas: “as axudas para libros de texto estará neste ano 3 meses antes que en cursos anteriores”

A concellería de Educación e Difusión do Coñecemento vén de aprobar as bases que rexerá no procedemento de concesión dea xudas para material escolar e libros de texto para familias con baixos recursos, que se entregan anualmente. O concelleiro de Educación, Felipe Rivas, explicou que “continuamos a traballar en mellorar os prazos, e para o curso 2021-22 agardamos poder comezar a entregan as primeiras semanas de clases”.

A concellería de educación destinará un total de 40.000 euros para facilitar a adquisición de material escolar, en vales de 100€ para un total de 400 persoas beneficiarias. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar.

“Desde a nosa chegada ao goberno traballamos para mellorar a entrega deste tipo de axudas, reducindo os tempos e tratando de mellorar a atención dada ás familias”, explicou Felipe Rivas, que engadiu “este ano, como novidade, reduciremos a cantidade de documentación que se terá que entregar coa solicitude”.

Audio

  • O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre as axudas nos libros de texto | Descargar mp3

Noticias relacionadas