Fallado o concurso de graffiti que convocou Benestar Social e FADAS para visibilizar o Lugo social

Luns, 28 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Fallado o concurso de graffiti que convocou Benestar Social e FADAS para visibilizar o Lugo social

O concurso de graffiti que convou a área de Benestar Social, que dirixe Olga López, e a Federación de Asociacións do ámbito social de Lugo (FADAS) para visibilizar o Lugo social ten gañadores. O xurado, que se reuniu o pasado luns, decidiu, de entre 8 deseños participantes, concederlle o primeiro premio á obra Na procura do benestar, de Diego Anido Seijas. O premio, que outorgará Benestar Social, consiste en 1.000 euros e realizar a obra nun muro dun edificio municipal ou espazo público. O segundo premio foi para a obra Fusión de melloras, de Daniel Fernández Vargas, que recibirá 500 euros e o terceiro, que consiste en 200 euros, á obra Dar apoio, de Anna Repullo Vique.  Ao resto de obras preseleccionadas, FADAS concederalle un vale de compra de materiais por valor de 100 euros.

Na procura do benestar amosa as vendas nos ollos que teñen moitas persoas, motivo polo cal non se é capazd de ver a tarea social que realiza o voluntariado, senón se necesita. A estrutura das ramas na contorna da muller representa a idea de crecer xuntos e alimentar esa forza para axudar aos máis desfavorecidos. As ramas romperanse senón se coidan. 

O xurado estivo composto pola educador social municipal, Eva de la Fuente, o vicedirector da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Alejandro Carro, e unha representante de FADAS, Ana María Bereciartúa. Cabe destacar a participación de persoas usuarias de COGAMI neste certame, que están na posición 5ª a 8ª da preselección.

Benestar Social e FADAS convocaron dito certame para enxalzar o traballo realizado polas asociacións que forman o terceiro sector de acción social de Lugo, ao tempo que se fomentou a arte urbana e se sensibilizou á cidadanía sobre o labor do voluntariado que existe en ditos colectivos. 

Documento

 

Multimedia

  • Fallado o concurso de graffiti que convocou Benestar Social e FADAS para visibilizar o Lugo social
  • Fallado o concurso de graffiti que convocou Benestar Social e FADAS para visibilizar o Lugo social
  • Fallado o concurso de graffiti que convocou Benestar Social e FADAS para visibilizar o Lugo social

Noticias relacionadas