O censo electoral vixente pódese consultar durante as xornadas laborais, nas oficinas municipais da Ronda da Muralla, 197, de 9:00 a 14:00 horas
- Tema
O Concello informa de que ata o 23 de setembro permanecerá exposto ao público nas oficinas municipais o censo electoral, entre o que se sortearán os candidatos a xurado, co obxecto de que poida ser consultado por todas as persoas interesadas.
A delegación provincial da Oficina do Censo Electoral realizará un sorteo sobre as listas do censo electoral vixente. Este sorteo para candidatos a formar parte do tribunal xurado celebrarase o 26 de setembro.
O censo electoral pódese consultar durante as xornadas laborais, nas oficinas municipais da Ronda da Muralla, 197. O horario de exposición será de 9:00 a 14:00 horas en días laborais.