A exposición Visións de Lugo 2001-2014 recolle as obras gañadoras dos certames de Pitura Rápida ao Aire Libre de Lugo

Mércores, 07 de xaneiro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participaron esta tarde na inauguración da exposición Visións de Lugo 2001-2014 e que poderá ser visitada ata mediados de febreiro no Museo Interactivo da Historia de Lugo.

Esta é a primeira vez que se reúnen todas as obras gañadoras do certame de Pintura Rápida ao Aire Libre de Lugo e que se atopan distribuídas por diferentes instalacións do Concello e que formarán parte dun percorrido ao longo de catorce anos que ilustran a cidade dende diferentes puntos de vista.

Todas elas presentan matices moi diferenciados tanto en técnica como en estilo pero todas teñen como nexo común a rapidez de execución e os diferentes espazos da cidade de Lugo. Un agasallo para a vista e para a imaxinación.

Os horarios de visita do Museo Interactivo da Historia de Lugo será de martes a sábado de 11 a 13.30 e de 17 a 19.30 e o domingo de 17 a 20 horas.

Exposición About Women.

Ata o 31 de xaneiro tamén se poderá visitar no MIHL a exposición About Women. Proxecto Internacional de Arte Postal sobre a Muller. Trátase dunha exposición de postais de todo o mundo adicadas exclusivamente a mulleres. Esta mostra está realizada por Katia Muñoz dentro do Proxecto Art-esencia.

A exposición componse de máis de 1.500 postais que son obra de 500 artistas de todo o mundo nas que se reflicte dende distintos puntos de vista o universo feminino. Esta exposición, que abre as súas portas hoxe en Lugo, é froito dun proxecto internacional que puxo en marcha o Colectivo Feminino Proxecto Art-Esencia.

Multimedia

Noticias relacionadas