A exposición Outros mundos: visións do noso sistema solar estará en Lugo do 15 de decembro ao 12 de xaneiro

A exposición itinerante organizada por “La Caixa” situarase na Praza Maior

Felipe Rivas “esta exposición achegará á veciñanza a unha viaxe pola beleza e as paisaxes do Espazo”

Xoves, 03 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A exposición “Outros mundos: visións do noso sistema solarde Michael Benson que organiza a “Fundación La Caixa ”, parará na Praza Maior do 15 de decembro ao 12 de xaneiro. O edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, declarou que “esta exposición achegará á veciñanza a unha viaxe pola beleza e as paisaxes do Espazo, no que observaremos a súa maxestuosidade”

Esta exposición do fotógrafo estadounidense Michael Benson contará con corenta imaxes do Cosmos captadas polas sondas da NASA nas que podemos contemplar e explorar a beleza e a diversidade que constrúe o Sistema Solar.

Felipe Rivas sinalou a importancia deste conxunto artístico e afirmou que “esta colección fotográfica resulta un dos primeiros documentos no que se pode recoñecer visualmente o espazo tal como o coñecemos, o que fixo avanzar á ciencia como a propio mundo da fotografía”

Pode consultarse toda información desta exposición en: https://fundaciónlacaixa.org/es/otros-mundos-exposicion-itinerante

Audio

  • O edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre a exposición "Outros Mundos" | Descargar mp3

Noticias relacionadas