A exposición Contravento e Marea II chega ao MIHL reunindo vinte anos de traballo de catro artistas

A mostra, composta por vinte e catro obras de Silverio Rivas, Xurxo Oro, Paco Pestana e Manuel Patinha, poderá visitarse de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas

Venres, 13 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A exposición Contravento e Marea II chega ao MIHL reunindo vinte anos de traballo de catro artistas

Dende este venres e ao longo de dous meses, o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acolle a exposición Contravento e Marea II, que reúne vinte e catro obras dos artistas Silverio Rivas, Xurxo Oro, Paco Pestana e Manuel Patinha. Trátase dunha mostra itinerante, neste caso comisariada por Rosario Sarmiento, que contén os traballos realizados por estes autores nos vinte anos que pasaron dende a anterior exposición conxunta.

Neste senso, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, resaltou que “estes artistas de vangarda traballan sempre con novas formas nos diversos materiais da escultura, como a madeira, a pedra ou o metal”. A edil animou aos lucenses e visitantes a achegarse ao MIHL e contemplar as esculturas que compoñen a mostra e que son unha reflexión sobre a evolución da escultura en Galicia nestes últimos 20 anos.

Horario da exposición

Contravento e Marea II poderase visitar no MIHL de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde.

Noticias relacionadas