A experiencia de Lara Méndez, Rosana Rielo e Guido Álvarez nun obradoiro para desestigmatizar as profesións e empoderar aos nenos e nenas

A Alcaldesa, a Concelleira e o guía turístico asistiron, no colexio Illa Verde, ao obradoiro Empodérate!, un proxecto presentado e elixido pola cidadanía luguesa a través dos Orzamentos Participativos

O taller busca traballar en prol da igualdade no ámbito laboral dende idades temperás, para incidir en que a elección profesional que as nenas e os nenos realicen non debe estar limitada polo xénero, senón polas inquedanzas

Empodérate! ten unha segunda acción, a impresión de 2.000 unidades dun libro protagonizado pola familia dos Bolechas, incidindo na idea de que non existen profesións específicas para mulleres ou para homes

Martes, 09 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A experiencia de Lara Méndez, Rosana Rielo e Guido Álvarez nun obradoiro para desestigmatizar as profesións e empoderar aos nenos e nenas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, achegouse este martes ao colexio público Illa Verde, que acolleu o obradoiro Empodérate!, un proxecto presentado e elixido pola cidadanía luguesa a través dos Orzamentos Participativos. Xunto á rexedora participaron neste taller a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, e o guía turístico Guido Álvarez.

Trátase dun taller que ten como obxectivo traballar en prol da igualdade no ámbito laboral dende idades temperás, para incidir en que a elección profesional que as nenas e os nenos realicen no futuro non debe estar limitada polo seu xénero, senón polas súas inquedanzas persoais. Está dirixido a nenas e nenos de 6º de Educación Infantil e 1º e 2º curso de Educación Primaria, onde se visibiliza unha ampla variedade de profesións e traballos, aportando distintas testemuñas en primeira persoa, achegando ao alumnado na xornada de hoxe, a experiencia persoal de Lara Méndez, Rosana Rielo e Guido Álvarez.

Empodérate! ten unha segunda acción, a impresión de 2.000 unidades dun libro protagonizado pola familia dos Bolechas, incidindo na idea de que non existen profesións específicas para mulleres ou para homes. O libro presentarase nun pasarrúas que contará coa presencia dalgúns dos e das protagonistas.

Audio

  • A alcaldesa Lara Méndez, sobre o obradoiro Empodérate!  | Descargar mp3

Multimedia

  • A experiencia de Lara Méndez, Rosana Rielo e Guido Álvarez nun obradoiro para desestigmatizar as profesións e empoderar aos nenos e nenas

Noticias relacionadas