Éxito total da master class sobre fotografía artística dixital, encargada de inaugurar a actividade formativa do Edificio de Novas Tecnoloxías

A Alcaldesa e a Concelleira de Concello e Cidadanía participaron na apertura do programa Tecnoloxíza-T!, que continuará o luns con dous obradoiros de iniciación á informática e utilización de smartphones

Sábado, 27 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Éxito total da master class sobre fotografía artística dixital, encargada de inaugurar a actividade formativa do Edificio de Novas Tecnoloxías

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, participaron este sábado na actividade inaugural da programación formativa do Edificio de Novas Tecnoloxías: unha master class sobre fotografía dixital conducida polo artista multidisciplinar lucense Álvaro L. Barreiro. Dita actividade tivo un éxito total, participando nela unhas 60 persoas, quedando incluso xente interesada fóra da sesión de hoxe. Por este motivo, o Concello estuda a posibilidade de volver a repetir dita master class.

A programación de actividades no novo espazo TIC do Concello, Tecnoloxíza-T!, inclúe 10 obradoiros con 150 prazas gratuítas para todas as idades. Arrancarán este mesmo luns, con dous cursos: un sobre iniciación á informática, continuará ata o 9 de xuño, de 16:00 a 18:00 horas; e outro de utilización de smartphones, ata o 2 de xuño, de 18:30 a 20:30 horas.

A iniciativa tivo unha gran acollida, pois en menos de dez días cubríronse as prazas da maioría dos obradoiros, polo que os interesados deben dirixirse canto antes ao Edificio de Novas Tecnoloxías, aberto en horario de luns a sábado, de 10:00 a 13:00 horas, e de 16:00 a 21:00 horas. A inscrición realizarase ata as 20:00 horas do xoves anterior ao inicio de cada curso.

Os menores de idade deberán contar coa autorización dun titor legal. Cada persoa só se poderá inscribir en dous cursos. Só no caso de que queden prazas libres se poderá admitir a inscrición en máis de dous obradoiros. O acceso aos cursos será por sorteo, que se realizará ás 11:00 horas do día seguinte ao peche da inscrición. A lista de persoas admitidas poderase consultar na páxina web do Concello, www.lugo.gal, no propio centro, ou a través do 010. Será necesario asistir a un 80% das horas para poder recibir o diploma.

Xunto aos obradoiros de iniciación á informática e utilización de smartphones, ofrécense os seguintes cursos: trámites electrónicos coa administración, iniciación á informática, utilización de smartphones, internet segura para tod@s, posicionamiento web e seo, redes sociais, retoque fotográfico co teu smartphone, compra on line, venda on line e creación de aplicacións móbiles. Toda a información sobre o programa, en www.lugo.gal

Multimedia

  • Éxito total da master class sobre fotografía artística dixital, encargada de inaugurar a actividade formativa do Edificio de Novas Tecnoloxías

Noticias relacionadas