Éxito de público na VI carreira Viesgo race night

Sábado, 11 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Éxito de público na VI carreira Viesgo race night

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, xunto co campión ciclista Alberto Contador e o presidente de Viesgo, Miguel Antoñanzas, foron os encargados de entregar os premios aos distintos gañadores da carreira pedestre desputada na noite deste sábado.

Numerosos deportistas déronse cita nesta ocasión para compartir en familia unha tarde noite que encheu de luz as rúas de Lugo. Esta carreira tiña un marcado carácter solidario, posto que serviu para recadar máis de 7.000 euros para o Banco de Alimentos de Lugo.

Noticias relacionadas