Execútase unha nova fase do plan de calmado do tráfico nos entornos escolares

Rubén Arroxo afirmou que “realizáronse as elevacións correspondentes ao colexio Cervantes e ao Conservatorio”

Elevaranse os pasos de peóns do conservatorio, e dos colexios Cervantes, Fingoi 2 e Menéndez Pelayo

Venres, 07 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Execútase unha nova fase do plan de calmado do tráfico nos entornos escolares

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou do inicio dunha nova fase do plan de calmado de tráfico nos entornos escolares que a área de Mobilidade leva realizando durante o último ano. Segundo declarou Rubén Arroxo, “desde a área de Mobilidade seguimos traballando para ter un tráfico calmado, aumentando a seguridade da veciñanza da contorna e das nenas e nenos que diariamente asisten aos colexios durante o curso”.

Nos traballos realizados ata o de agora, eleváronse os pasos de peóns da ronda Xosé Castiñeira, xunto ao conservatorio e na rúa Camiño de Pipin, diante do colexio Cervantes, dos que só falta o pintado, e seguen pendentes na avenida de Madrid, na contorna da escola de educación infantil Fingoi 2, en Serra de Outes e Alfredo Brañas, na contorna do colexio Menéndez Pelayo Rubén Arroxo lembrou que “a intervención da rúa Camiño de Pipin é unha da demanda moi solicitada pola ANPA do colexio Cervantes debido á singularidade da rúa”.

“Nos vindeiros días realizarase o pintado dos pasos xa realizados e elevaranse os restantes”, informou Rubén Arroxo, que engadiu “desde o goberno municipal queremos avanzar de cara a un Lugo no que os peóns sexan o centro da mobilidade, cun tráfico calmado e menos vehículos a motor nas rúas”.

Audio

  • O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre os pasos de peóns elevados | Descargar mp3

Noticias relacionadas