Estudantes do colexio Padres Franciscanos visitaron este xoves a Casa Consistorial

Ana Prieto recibiu no Salón de Plenos a un grupo de 49 nenos e nenas que cursan segundo de primaria neste colexio lucense

Xoves, 12 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Estudantes do colexio Padres Franciscanos visitaron este xoves a Casa Consistorial

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recibiu este xoves no Salón de Plenos do Concello a un grupo de 49 nenos e nenas que cursan segundo de primaria no colexio lucense Padres Franciscanos. Os cativos viñan acompañados de 2 profesores.

Os nenos e nenas, de ao redor de 7 anos, mostraron curiosidade polo funcionamento do Concello e polo labor que desempeña o Goberno Municipal. Ana Prieto explicoulles o seu traballo como Concelleira e respondeu a todas as preguntas que lle fixeron os cativos e cativas, moi interesados en saber como se toman as decisións nun Concello e como se chega a formar parte da Corporación Municipal. Prieto atendeu as peticións dos máis cativos, que concienciados dos beneficios dunha boa práctica deportiva, demandaron máis piscinas, máis campos de fútbol e máis pistas de baloncesto.

Os alumnos e alumnas do colexio Padres Franciscanos recibiron como agasallo unha mochila que conciencia do uso da lingua galega.

Noticias relacionadas