A estratexia dos Tardeos, ampliarase á Praza do Campo tralo éxito das iniciativas no barrio da Tinería e en Augas Férreas

Os Tardeos na Praza do Campo serán todos os sábados, do 12 de setembro ao 7 de novembro, en horario de 16:30 a 19:30 horas. Incluirá sesións de música en directo a cargo de DJ’s e artistas locais

Venres, 11 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A estratexia dos Tardeos, ampliarase á Praza do Campo tralo éxito das iniciativas no barrio da Tinería e en Augas Férreas

A estratexia dos Tardeos, impulsada por Lara Méndez, ampliarase a praza do Campo tralo éxito da iniciativa no barrio da Tinería e en Augas Férreas. O Goberno municipal puxo en marcha este proxecto co obxectivo de impulsar un novo movemento social e de ocio “Como sabedes, atopámonos nun momento de especial dificultade para estes sectores debido á crise sanitaria derivada da pandemia de COVID-19. Por iso, dende o executivo municipal continuamos a traballar para, conxuntamente, reactivar a demanda e evitar que se perdan postos de traballo” explicou a rexedora.

A alcaldesa, acompañada do edil de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto e hostaleiros da zona, presentaron este venres esta nova que se desenvolverá na Praza do Campo todos os sábados, do 12 de setembro ao 7 de novembro, en horario de 16:30 a 19:30 horas. Incluirá sesións de música en directo a cargo de DJ’s e artistas locais.

Lara Méndez subliñou que “ante a boa acollida da iniciativa no barrio da Tinería, tanto por parte dos empresarios da zona como do conxunto da veciñanza, dende o executivo municipal decidimos ampliar esta programación a outras zonas da cidade, co obxectivo de dinamizar a hostalería e o comercio lucenses, apostando por un ocio máis familiar e cultural, para involucrar a xente de todas as idades”.

“Con esta iniciativa, queremos impulsar un novo formato de lecer na cidade, adiantando a hora de saír dos lucenses. Na nosa cultura, a diferencia do resto de países de Europa, temos o costume de quedar para tomar algo a última hora do día ou de madrugada, o que implícitamente conleva trasnoitar”.

Destacou a alcaldesa de Lugo.

Pola súa parte, Mauricio Repetto lembrou que “trala experiencia destas semanas na Tinería e Augas Férreas, buscamos que a oferta se amplíe, co obxectivo de afianzar este novo modelo como unha opción de lecer máis para a xente que, en lugar de saír a tomar algo pola noite, prefire saír pola tarde, para aproveitar mellor o seu tempo, e promover así tamén barrios con máis actividade onde se mesture o movemento na hostalaría e nos comercios”.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre os Tardeos | Descargar mp3

Noticias relacionadas