Este xoves sairán á venda as entradas para os espectáculos do Arde Lvcvs de Harpastvm e o Circvs

Nos dous casos poderanse adquirir a través da web www.entradaslugo.es ou ben na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo

Martes, 28 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo poñerá este xoves á venda as entradas para o Harpastvm e Circvs Romano, no marco do Arde Lvcvs, cun prezo de 3 euros e ata un máximo de dez por persoa. Nos dous casos poderanse adquirir a través da web www.entradaslugo.es ou ben na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo.

Ambos os dous eventos serán na explanada do Pavillón Municipal, o primeiro deles o venres, 14 de xuño, ás 21:00 horas, a cargo das asociacións de recreación histórica Caetra Lucensium, Mercenarios Galaicos e Guardia Pretoriana; o segundo o sábado, 15 de xuño, a partir das 18:00 horas.

Máis información na web oficial destes festexos www.ardelucus.com.

Noticias relacionadas