Este venres terá lugar o concerto de música con motivo do Dia Internacional de Jazz na Praza do Cantiño

Mércores, 07 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua comunica a nova data do concerto de música que se celebra para conmemorar o Dia Internacional de Jazz e que terá lugar na Praza do Cantiño ás 20 horas.

Esta actividade prevista para o 30 de abril tivo que aplazarse por culpa da meteoroloxía ao realizarse nun espazo aberto. No concerto participan membros da Aula Big Band da Escola Municipal de Música de Lugo e membros da Aula de Big Band da Escola de Música Rábade e Begonte, que querían facer unha homenaxe ao jazz.

Noticias relacionadas