Este sábado terá lugar a sétima proba do XV Circuíto Corre Con Nós

O Circuíto será na zona do Barrio da Ponte e na contorna do Rio Miño

Venres, 15 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Circuíto Corre Con Nós

O XV Circuíto Corre Con Nós celebra a súa sétima proba este sábado 16 de maio na zona da Feira de Exposicións de Lugo e na que se agarda reunir a preto de 1.500 corredores de todas as idades.

O circuíto comeza coas carreiras para nenos e nenas dende as 17 horas cun trazado de 350 metros para os máis pequenos, de cinco e seis anos. Ás 17.10 comeza a carreira de 800 metros para os nenos e nenas de 7 a 9 anos; a continuación será a de 1,6 kilómetros e por último ás 17.30 horas a dos nacidos entre 2000 e 2002, que terán que percorrer unha distancia de 1.850 metros,

A seguir comezará o circuíto dos adultos que terá un percorrido de 5,8 kilómetros que combina terra e asfalto pola contorna do río Miño e que comezará ás 17.40 horas dende o Paseo Fluvial, onde tamén se sitúa a liña de meta.

Noticias relacionadas