Este sábado constitúese a nova Corporación municipal elixida polos lucenses o pasado 24 de maio

Trala toma de posesión dos Concelleiros terá lugar a elección do Alcalde de Lugo

Venres, 12 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo en funcións, José López Orozco, convocou para mañá, sábado, día 13 de xuño, ás 10.00 horas, a sesión de constitución da Corporación Municipal resultante das Eleccións Locais celebradas o día 24 de maio.

Trala toma de posesión dos 25 concelleiros que forman a Corporación, terá lugar a elección do novo Alcalde de Lugo, que sustuirá logo de 16 anos no cargo de Rexedor municipal a José López Orozco, que renunciou onte á súa acta de Concelleiro.

Ó comezo da sesión, o Secretario Xeral do Pleno dará conta de que todos os concelleiros e concelleiras electos teñen presentadas as credenciais que os acreditan e, deseguido, terá lugar a constitución da Mesa de Idade.

A Mesa de Idade estará formada como presidenta por  Mª del Carmen Penelas, por ser o membro da Corporación de maior idade; Antonio Ameijide, que actuará como Vogal na súa condición de Concelleiro de menor idade, e o Secretario, posto que desempeñará o Secretario Xeral do Concello, José Antonio Carro Asorey.

Seguidamente, a Mesa comprobará as credenciais presentadas coa acta que remitiu ó Concello a Xunta Electoral de Zona e, logo, terá lugar a toma de posesión, na que os concelleiros xurarán ou prometerán acatamento á Constitución. Os membros da Mesa serán os últimos en tomar posesión; primeiro farao a Secretaria e, despois, o Presidente.

Tralo xuramento ou promesa, a Mesa imporalle a cada Concelleiro ou Concelleira a Medalla da Corporación e faralle entrega da Insignia corporativa.

Seguidamente procederase á elección do Alcalde de Lugo, na que poden ser candidatos todos os concelleiros que encabecen as súas correspondentes listas, agás renuncia dalgún deles. No caso de que algún deles obteña a maioría absoluta dos votos será proclamado electo. Se non é así, é proclamado Alcalde o Concelleiro que encabece a lista que obtivera o maior número de votos

Unha vez proclamados os candidatos a Alcalde, efectuarase a votación que será secreta. O Vogal e o Presidente da Mesa de Idade serán os últimos en depositar os seus votos na urna antes de que se produza o reconto dos papeletas.

O acto rematará co xuramento ou promesa do Alcalde electo que pronunciará deseguido un discurso.

A nova Corporación municipal, que foi elexida nas Eleccións Locais do pasado 24 de maio, está formada polos seguintes concelleiros: Jaime Castiñeira, Ana María López Pombo, Encarnación Amigo, Antonio Ameijide, Mª del Carmen Penelas, Isabel Devesa, Enrique Rozas, Manuel López, Mari Teijeiro, polo Partido Popular;  Lara Méndez, Juan Carlos González Santín, Ana Prieto Nieto, Miguel Fernández, Carmen Basadre, José Manuel Díaz Grandí, Ana González Abelleira, e Xosé Daniel Piñeiro Villares polo PsdeG-PSOE; Santiago Fernández Rocha, Cristina Pérez e Iñaki García, por Lugonovo; Rubén Arroxo e Maite Ferreiro Tallón, polo BNG; Olga Louzao e Jesús Expósito, por Ciudadanos, e Carlos Portomeñe, por ACE.

Noticias relacionadas