Este martes celébrase unha xornada de tenis na rúa en varias pistas situadas na Praza Horta do Seminario

Luns, 08 de setembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, comunica que mañá martes celébrase unha xornada de tenis na rúa, das 17:00 ás 19:00 horas, na Praza Horta do Seminario.

Haberá varias pistas de tenis instaladas nesta praza, nas que se organizarán diversas actividades relacionadas con este deporte. Varios monitores de diferentes clubes e escolas de tenis da cidade serán os encargados de levar a cabo este evento.

Nestas actividades tamén participarán algúns dos mellores xogadores do X Torneo Nacional de Tenis, que se está a celebrar durante esta semana no Clube Fluvial de Lugo.

A xornada está organizada pola Federación Galega de Tenis en colaboración co Concello de Lugo. As actividades son gratuítas e están abertas á participación de nenos e nenas, así como de todas aquelas persoas que estean interesadas en participar.

Noticias relacionadas