Este luns o dispositivo integral de limpeza de barrios posto en marcha por Lara Méndez desprázase aos barrios de A Chanca e Castelo

Domingo, 20 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Este luns o dispositivo integral de limpeza de barrios posto en marcha por Lara Méndez desprázase aos barrios de A Chanca e Castelo

O dispositivo integral de limpeza de barrios posto en marcha polo executivo de Lara Méndez desprazarase mañá, luns, aos barrios de A Chanca e Castelo.

O obxectivo desta iniciativa, levada a cabo  a través da área de Medio Ambiente, é unificar os esforzos por contornas e mellorar, así, o acondicionamento da cidade, sen descoidar os labores ordinarios.

O dispositivo executará labores de roza de vías e predios municipais, o varrido e baldeo de rúas e bordos, a limpeza dos sumidoiros e das illas de reciclaxe de lixo, así como dos bancos e resto do mobiliario urbano para mellorar a imaxe e a estética do barrio e o confort dos seus residentes.

Tras rematar nesta contorna, os traballos continuarán no Barrio da Estación e Barrio Feijoo, Paradai, Frigsa, San Lázaro – A Ponte, A Louzaneta, Inmediacións do HULA e Montirón – San Fiz.

Noticias relacionadas