Este fin de seman darán comezo as novas actividades do programa de ocio xuvenil alternativo MAX

Venres, 10 de xaneiro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá a programación para de actividades previstas para o vindeiro semestre do programa MAX (Movida Alternativa Xuvenil), que dará comezo hoxe venres día 10 de xaneiro e rematará o 7 de xuño. 

A maioría  das actividades terán lugar na Casa da Xuventude, algunhas delas comezan no mes de febreiro e precisan de inscripción previa xa que só teñen 10 prazas. O prazo para as inscripcións previas son ata o 28 de xaneiro na Casa da Xuventude.
Carmen Basadre informou que “un ano máis hai novas actividades para que os mozos e mozas de Lugo poidan desfrutar dun ocio diferente e co que poden aprender e mantemos outras que tiveron gran aceptación como a preparación dos exame oficial First”.
Actividades MAX
Actividades dos venres
19.30h – 20.30h Xim-Combat. 
17.00h – 19.00h Iniciación ao Parkour. 
19.30h – 21.00h Curso Costura e Patronaxe. (É necesaria inscripción previa)
21.30h – 23.00h Tiro con Arco (Galeria de tiro do parque de A Milagrosa)
23.00h – 00.30h Patinaxe-Xoquei en liña (Polideportivo de A Piringalla) HL Lugo
Actividades dos sábados
10.30h – 13.30h Preparación do First (Comeza a partir de febreiro e é necesaria inscripción previa) 
12.00h – 13.00h Flashmobe
18.00h – 19.00h Xim-Jam
19.00h – 20.00h Ioga 
20.00h - 21.00h Defensa Persoal (Casa da Xuventude) Kickboxing A-Astur
20.00h - 21.15h Curso de calke-pops (É necesaria inscripción previa)
20.30h - 22.00h Tenis de mesa (Parque da Milagrosa) CD Dez Portas
Os venres e sábados de 16.30 a 21.30 horas a Casa da Xuventude ofrece a posibilidade de xogar coa Wii, con xogos de inxenio, con plataformas de baile, billar, ping-pong, internet... Todas as actividades son gratuítas e de entrada libre.

Multimedia

Noticias relacionadas