Este domingo dispútase fase final do Torneo Polvorín 2014, que conta coa colaboración do Concello e da Deputación

Venres, 20 de xuño de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío; o Deputado de Cooperación e Asistencia ós concellos, Alvaro Santos Ramos, e os directivos da SDeC Polvorín María do Carmen Télez e Julián Castaño presentaron hoxe a fase final da edición 2014 do Torneo Polvorín Fútbol Base.

Díaz Grandío destacou que “dende o Concello agradecemos á directiva e a todas as persoas que traballan para que sexa posible a organización deste evento deportivo que se celebra durante todos os domingos do mes de xuño”.

Logo da disputa das tres fases previas dos días 1, 8 e 15 de xuño, este domingo será a hora da verdade para os doce equipos de alevins de primeiro anto que forna un cartel no que destacan o Sporting de Braga, Real Club Celta e Real Club Deportivo da Coruña.

Un ano máis, e con este xa van nove, a Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín en colaboración coa Concellería de Deportes organiza o Torneo de alevíns de primeiro ano, que xa se convertiu nun clásico nestas datas.

800 rapaces participaron durante este mes nas 3 fases previas. Os gañadores xogan a final o día 22 con outros equipos invitados pola organización coma o Celta, Depor, Sporting de Braga, a Ponferradina e o Lugo.

Pola súa parte, Álvaro Santos Ramos, presentou o spot promocional do 9º Torneo Polvorín Fútbol-Base, elaborado por un equipo da Fundación no que participaron bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS). Santos Ramos destacou que “este traballo é unha nova colaboración da TIC co deporte base e, ademais, serve de práctica ós nosos alumnos e titulados, un dos sinais de identidade do modelo formativo da TIC”.

Un equipo formado por alumnos, bolseiros e profesionais da TIC gravará a fase final do Torneo e a entrega de premios, que terán lugar o domingo día 22 de xuño neste campo lucense a partires das 9:30 horas e ata as 20:00 horas. O material editado entregarase á SDeC Polvorín, para que o emita nas redes sociais nas que ten presenza.

Multimedia

Noticias relacionadas