A estatua de San Vicente volverá a ocupar o seu lugar emblemático na Praza do Campo grazas á restauración que acometerá o Concello

Para levar a cabo as tarefas de recuperación, para as que é necesario o visto bo de Patrimonio da Xunta, e a súa posterior instalación, a entidade local destina uns 6.000 euros

Sábado, 11 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, avanzou os pasos que o Concello leva facendo nas últimas semanas para restaurar a Fonte de San Vicente, destrozada nun acto vandálico. Tras a avalación de danos, que arroxaron damnificacións na cabeza, fragmentada en 3 partes, roturas e golpes na zona do manto na súa parte dianteira e na capucha e na manga dereita do hábito, o Concello encargou un proxecto de restauración para acometer a súa recuperación.

Para estas tarefas, realizarase reviamente a súa limpeza en seco, para posteriormente proceder ao pegado dos 6 fragmentos de importante entidade, 3 da cabeza, 1 da manga e 2 da túnica, con resina epoxi. Así mesmo reconstruiranse os volumes de menor entidade, e procederase ao selado de fracturas, lavado, aplicación de cloruro, consolidadción de cal, hidrofugación e matización de cor. Para a súa restauración e posterior instalación, o Concello destina uns 6.000 euros.

Tal e como informou Núñez, para levar a cabo ditas actuacións, a firma luguesa RESCONSA e as dúas restauradoras, Dolores Lago e Isabel Vázquez, elaboraron un informe xustificativo de porque o sistema e modelo escollido é o mellor para recuperar a estatua, documentación que será remitida ao Servizo de Patrimonio da Xunta para que o autorice. Unha vez recibida a notificación positiva da administración autonómica, a entidade local poñerase mansa a obra para repoñer no mellor estado posible a estatua de San Vicente no seu lugar emblemático na Praza do Campo e no que sempre ocupou entre os veciños e veciñas de Lugo.

Manuel Núñez instou a todos os e as luguesas a velar polo patrimonio, porque só co compromiso e cuidado por parte da cidadanía se logra pór en valor e disfrutar de todo a nosa riqueza patrimononial, como é a Fonte de San Vicente, erixida en 1754.

Noticias relacionadas