Esta mañá presentouse a Moeda Oficial do Arde Lucus MMXII

Luns, 11 de xuño de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

En total, serán 8.000 moedas, cada unha cun valor de dous euros, que poderán adquirise nos establecementos identificados có distintivo da moeda

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, xunto cós membros da Asociación La Cohors III Lucensium, Manuel Fernández e Matías Vilas, deron a coñecer esta mañá a moeda oficial que esta asociación acuña, por terceiro ano, para a festividade do Arde Lucus.

Carmen Basadre destacou o gran éxito acadado por esta iniciativa o pasado ano, e sinalou que é un reflexo máis do movemento e a expectación que se xera ao redor do Arde Lucus.

O Presidente de La Cohors III Lucensium, Manuel Fernández, explicou que este ano MMXII La Cohors III Lucensium, unha vez máis, “quere que todos os asistentes á festa do Arde Lucus se sintan máis identificados con esta cidade e dunha forma totalmente lúdica, por uns días, sexamos máis participativos, facendo que público e comerciantes nos metamos máis no papel da festa, exportando unha imaxe positiva e cordial das xentes de Lucus Augusti”. En total, poranse en circulación 8.000 moedas.

A moeda, está realizada en bronce é un sestercio de bronce da época do emperador Titus Aelius Adrianus Antoninus Pious, Emperador de Roma entre os anos 138 e 161 despois de Cristo. Escolleuse esta moeda por coincidir cunha parte na que do período na que estivo asentada a Cohors III Lucensium en Lucus Augusti. Ademais, este emperador destaca por ser un dos máis democráticos da historia romana.

Titus Aelius Adrianus Antoninus Pious dispoñía dunha ampla experiencia, boa formación e desexo de mellorar a vida dos seus súbditos segundo demostran os seus actos. Así en lugar de saquear o tesouro no seu propio beneficio o que fixo foi apoiar economicamente a todos os cidadáns das provincias exercendo unha ríxida economía

Na moeda figura a cara de Antoninus Pious e no anverso podemos ver unha P de paz, unha SC de Senatus Consultor e Annona con ramo e cornucopia, Deusa da fortuna (signo de reparto de gran e abundancia), ademais dun porco salvaxe (xabalí), distintivo de La Cohors III.

A moeda será repartida polos establecementos identificados có distintivo da moeda durante esta semana e estará ao cambio, a partir de mañá martes 12. Cada moeda ten o valor de 2 euros. A devolución dos pagos será realizada en euros, e se poderán cambiar as moedas ata fin de existencias.

Unha vez finalizadas as festas, aqueles romanos que queiran volver a obter os euros polo valor das moedas, deberán realizar o cambio nos establecementos có distintivo, dando por pechada a operación do cambio o sábado 30 de xuño de 2011 ás 13.00 horas. O Banco Oficial da moeda do Arde Lucus estará situado no Hotel Pazo de Orban, na zapatería Rochas, e na tenda Firi Mujer.

Para calquera información poderán dirixirse á Asociación a través do correo electrónico info@cohorsIIIlucensium.es ou chamando ao teléfono 629 842614 - 982 240217.

www.ardelucus.com

 

Multimedia

Noticias relacionadas