Esta fin de semana celébrase en Lugo o 45º e 46º Proba da Liga Ibérica de Agility

Mércores, 09 de xaneiro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañando polo Presidente do Club Agimei, Félix Fernández, presentaron a 45º e 46º Proba da Liga Ibérica de Agility que se celebra este fin de semana na cidade.

Díaz Grandío manifestou “o apoio a todo tipo de deportes e especialmente a aqueles que se poden facer cos animais xa proporcionan compañía”. Nesta competición están inscritos máis de 40 cans procedentes de Galicia, do norte de Portugal, Asturias e Castela e León. As probas comezarán o sábado 12 ás 16:00 horas e rematarán o domingo entre as 10:00 e as 13:30 horas,

O Agility é unha competición na que pode participar calquera can, teña ou non pedigree, e comprende diferentes tipos de obstáculos: saltos, obstáculos de zonas e obstáculos de paso, que os cans deberán pasar no menor tempo posible e evitando as penalizacións.

Multimedia

Noticias relacionadas