A Escola Politécnica Superior celebrou o 25 aniversario da primeira promoción de enxeñeiros agrónomos

Ademais do acto tamén se instalou un novo espazo denomidado Recanto da Saudade onde se conmemorarán o aniversario das titulacións

Venres, 15 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu esta mañá aos actos de celebración do 25 aniversario da primeira promoción de enxeñeiros agrónomos do Campus de Lugo, e que estiveron organizados pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.

No acto de celebración estiveron tamén o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno, acompañado por Francisco Maseda, en calidade de Director da Escola nos anos 87-90, Tomás Cuesta, actual Director da Escola Politécnica Superior, e Benita Silva, en calidade de Presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.

Durante o acto lembrouse a importancia da Universidade para a cidade de Lugo, os cambios sociais e educativos nestes últimos 25 anos, e o Alcalde sinalou que “para a nosa cidade, a universidade supón un antes e un despois polo que é preciso que saibamos aproveita a materia prima máis importante, o coñecemento”.

A continuación, visitouse o espazo o Recanto da saudade, un monolito situado nos xardíns da Universidade e no que se instalará un recordatorio coa celebración dos diferentes aniversarios de cada unha das titulacións.

Noticias relacionadas