A Escola Municipal de Música impulsa unha diversa programación musical para este mes de xuño

Master class, concertos, exposición de instrumentos ou audicións son algunhas das alternativas, que presentaron este mércores Manuel Núñez, Efraím Díaz e Mercedes Autrán

Mércores, 07 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Escola Municipal de Música impulsa unha diversa programación musical para este mes de xuño

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, o xefe de estudos e a secretaria da Escola Municipal de Música de Lugo, Efraím Díaz e Mercedes Autrán, respectivamente, e unha alumna, Pepita Regueiro; presentaron este mércores, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, as novas actividades que teñen preparadas nesta escola para este mes de xuño.

Mañá xoves día 8 arrincará o ciclo A liberdade dende a música, que terá lugar no Centro Sociocultural do Vello Cárcere. En concreto, nesta sesión celebrarse un intercambio entre as escolas de música de Lugo e de San Marín dos Andes (Arxentina). Haberá unha master class, a cargo de Pablo D.Robero e Laura Weihmüller ás 18:30 horas no auditorio deste centro, e un concerto de música arxentina no patio. Ademais mañá rematará a xornada de portas abertas da escola, de 16:00 a 20:00 horas.

Este ciclo continuára o 13 de xuño, cun relatorio da evolución do pito pastoril en Galicia ás 19:00 horas no auditorio, da man de Efraím Díaz. Ademais haberá unha exposición destes instrumentos musicais e un concerto, que ofrecerá o alumnado e grupo didáctico de pito  pastoril.

O 15 de xuño, o Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá o concerto didáctico extraordianrio Fantasía, ás 19:00 horas. Música e maxia daranse a man a través da Banda Municipal e David Méndez. A entrada é de balde con invitación, que se pode recoller na Escola Municipal de Múscia.

O 19 de xuño, en xornada de tarde, haberá audicións da ESMU Lugo no Salón de Actos do Centro Sociocultural Uxío Nonoveyra, ás 17:00 horas de clarinete, ás 19:00 de saxofóns, e ás 20:00 de frautas. Ao día seguinte, esta audición terá lugar no patio do Vello Cárcre ás 20:30 horas. Será a quenda do alumnado de piano, de formación de adultos e da charanga.

Por último, o 21 de xuño celebrarase o concerto fin de curso, ás 19:30 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire. A entrada é de balde, ata completar aforo.

Audio

Multimedia

  • A Escola Municipal de Música impulsa unha diversa programación musical para este mes de xuño

Noticias relacionadas