A Escola Municipal de Música de Lugo estrea a súa primeira publicación: O son do pitiño. Un conto para aprender a tocar o pito pastoril galego

Trátase dun conto didáctico-musical, co que se pretende ofrecer unha ferramenta lúdica e tamén educativa aos máis cativos e cativas

Co libro, nenas e nenos poden achegarse ao pito pastoril galego, un instrumento de vento que se atopa preto da gaita galega. De feito, a ESMU de Lugo é a úncia escola onde se dan clases deste instrumento

O Concello distribuirá 200 exemplares deste libro na propia escola, nos distintos centros educativos de Lugo e nas bibliotecas

Xoves, 13 de xuño de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Escola Municipal de Música de Lugo estrea a súa primeira publicación: O son do pitiño. Un conto para aprender a tocar o pito pastoril galego

A Escola Municipal de Música de Lugo (ESMU) estrea a súa primeira publicación: O son do pitiño. Un conto para aprender a tocar o pito pastoril galego. O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas en funcións, Manuel Núñez, xunto ao director da ESMU Lugo, Carlos Méndez, foron os encargados de presentar este libro, na xornada de mañá deste xoves, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías.

Tal e como explicou Núñez, trátase dun conto didáctico-musical, co que se pretende ofrecer unha ferramenta lúdica e tamén educativa aos máis cativos e cativas. De xeito progresivo, nenas e nenos poden achegarse ao pito pastoril galego, un tipo de frauta ideal para aprender as primeiras cancións, un instrumento de vento que se atopa preto da gaita galega. De feito, a ESMU de Lugo é a úncia escola onde se dan clases deste instrumento.

O Concello distribuirá 200 exemplares deste libro, cuxa edición é non venal, entre o alumando da escola, así como nos distintos centros educativos de Lugo e biblioteca, que está orientado a idades entre os 6 e 10 anos e conta con linguaxe inclusiva e ilustracións infantís. Inclúe orientacións emocionais relativas á música.

O son do pitiño conta con textos do mestre da escola Efraím Díaz, debuxos de Cristina Rodríguez e Henry Wright e está maquetado e deseñado por Dos Acordos.

A historia

Pitiño é un pito pastoril que toca nunha orquestra de pitos igual que el, aos que o profesor os ten moi avisados de que non entren nun bosque encantado, pois alí descansan as árbores das que se poden facer máis pitos. Un día, Pitiño chegaba tarde para a casa, tras o ensaio, e deciciu acurtar o seu traxecto polo bosque, onde se atopou cunha meiga que lle quita. Ao chegar a casa intenta practicar e non lle é posible, entón vai onda o seu profesor co seu probelma, quen lle recomenda que se achegue á Escola Municipal de Música a buscar un rapaz ou rapaza que lle axude. Alí atópase cun neno que lle bota unha man para recuperar unha a unha as notas para poder tocar unha cacnción. Ao saber as notas todas, volve onda a meiga para tocarlle unha canción e así, lle devolva o son. É entón cando Pitiño volve á orquestra.

Audio

  • O edil Manuel Núñez sobre a estrea de "O son do pitiño" | Descargar mp3

Noticias relacionadas