A Escola Municipal de Música celebra o Concerto de Santa Icía

O Vello Cárcere acolleu a celebración da patroa da música

Xoves, 21 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Escola Municipal de Música celebra o Concerto de Santa Icía

Con motivo do día de Santa Icía, patroa da Música, a Escola de Música ofreceu un concerto no Vello Cárcere, no que as catro agrupacións que compartiron escenario amosaron a calidade das músicas e músicos da Escola.

O concerto comezou co Grupo de Clarinetes, seguido do Combo de Formación de Adultos, e rematou co Grupo de Pandeireteiras e o Grupo Tradicional.

Multimedia

  • A Escola Municipal de Música celebra o Concerto de Santa Icía
  • A Escola Municipal de Música celebra o Concerto de Santa Icía

Noticias relacionadas