A Escola Lucense de Taekwondo, segunda nos campionatos provinciais

Luns, 03 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Escola Lucense de taekwondo proclamouse esta fin de semana como o segundo mellor equipo da provincia na competición que tivo lugar en Baamonde e que reuniu a 130 deportistas. Con estes resultados o equipo da capital competirá en xuño na fase autonómica de deporte escolar.

O equipo lucense realizou a súa pequena homenaxe aos dez anos de Patrimonio Mundial da Muralla rematando coa voz Lugo 10 a súa coreografía. Esta é unha mostra máis da implicación de todos os axentes sociais na celebración do décimo aniversario da Muralla.

A mesma coreografía terá lugar o vindeiro sábado día 8 en Ourense que o equipo lucense conta con posibilidades de formar parte do podio final.

www.lugo10.es

 

Multimedia

Noticias relacionadas