Entregados os premios do sorteo da campaña Lugo limpo gústame máis

Sábado, 10 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, fixeron entrega esta mañá dos premios do concurso Lugo Limpo gústame máis que foron sorteados o pasado venres e que recaeron en :

1º Laura María Lastra Montero
2º Cristina López González
3º Mar Piñeiro Caloto
4º Marco Folgueira Arias

Os tres primeiros tiveron como premio sendas estancias de dúas noites no hotel Hesperia Balneario de Guitiriz, en réxime de aloxamento e almorzo, incluíndo tamén unha sesión de no club termal para dúas persoas. O último clasificado recibiu un IPOD.

O Alcalde lembrou que para esta convocatoria, que estivo aberta dende o 1 de marzo até o 15 de decembro, se enviaron un total de 33.396 persoas, tanto por correo electrónico como entregando a papeleta debidamente cuberta nas instalacións municipais.

O Alcalde suliñou que nos últimos tempos está a aumentar o grado de concienciación dos lucenses e de compromiso coa cidade esixindo máis limpeza e tamén tendo un comportamento máis cívico. Suliñou que aínda queda moito para chegar aos niveis de Oviedo, "pero estamos niso e o progreso vaise notando".

Así mesmo, indicou que en abril se firmará o novo convenio coa empresa de limpeza, Urbaser, para ampliar o servizo.

Esta campaña foi realizada de xeito intensivo para promocionar hábitos saudables e hixiénicos entre os lucenses, como o uso de bolsas normalizadas para botar o lixo, o depósito en contedores ás horas correctas, a eliminación do vandalismo e a recollida das deposicións dos cans das rúas, entre outros.

Noticias relacionadas