Entregados os premios do concurso Debuxa a túa enerxía que se celebrou durante o San Froilán 2015

Carmen Basadre e Luis García fixeron entrega dos diplomas e dos vales de 50 euros aos 4 cativos gañadores deste certame, que se enmarca dentro do convenio de colaboración asinado entre Concello e Viesgo

Martes, 03 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Director Xerente de Begasa, Luis García Santalla, fixeron entrega este martes no Salón de Plenos dos diplomas aos catro gañadores do concurso Debuxa a túa enerxía. Trátase dunha iniciativa que se levou a cabo durante o San Froilán 2015, froito do convenio de colaboración asinado entre o Concello de Lugo e a compañía Viesgo Infraestructuras Energéticas S.L.

Os catro gañadores do concurso, Sara Nogueras, Olivia Pérez, Marta Liz e Lois Santos, recibiron cadanseus vales de 50 euros para a compra de material escolar.

Multimedia

Noticias relacionadas