Entregados os premios do concurso de deseño gráfico para anunciar as VII Xornadas sobre Violencia de Xénero

Martes, 04 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, fixo hoxe entrega dos premios aos gañadores do concurso de deseño gráfico para a selección do cartel anunciador das VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero que terán lugar a finais do mes de novembro.

Isabel Carril Quiroga resultou gañadora deste concurso coa súa obra Concienciación. Somos Iguais. O cartel foi relizado sobre a prevención da violencia de xénero, que son o tema central sobre o que xiraron os 30 traballos que entraron a concurso. A gañadora recibiu ademais dos 600 euros, un lote de libros  sobre mulleres e unha escultura que representa a Mosqueira.

Nesta entrega de premios tamén estiveron presentes os participantes que foron recoñecidos polo xurado con dous accesits, o primeiro a Luis Fontes Pérez pola súa obra  El bolígrafo que nunca escribe es el que está al lado del teléfono e o segundo a Helena Chao Ónega, por Ifixenia. Tamén recibiron de máns da Concelleira un lote de libros e unha escultura da Mosqueira da Muralla.

A Concelleira agradeceu aos premiados a súa participación e a súa colaboración a través das súas obras para erradicar a violencia contra as mulleres e a loita pola igualdade entre sexos.

Noticias relacionadas