Entra en funcionamento hoxe a nova iluminación da rúa San Isidro Labrador

Hoxe mércores 29 de abril entra en funcionamento a nova instalación do alumeado público da rúa San Isidro Labrador, que tivo un presuposto de 26.403 euros e que foi feita con cargo a melloras de obra

Mércores, 29 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Con esta nova instalación suprímense os cruces aéreos existentes nesa rúa e tamén un cadro eléctrico que se atopaba en malas condicións. Desta maneira, os veciños e veciñas contarán dende hoxe con 6 novos puntos de luz de 250 vatios con dobre nivel que irá conectado ao cadro da rúa Viana do Castelo.

Noticias relacionadas