Encontro de Ana Abelleira e Daniel Piñeiro con estudantes franceses de intercambio

Luns, 01 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Encontro de Ana Abelleira e Daniel Piñeiro con estudantes franceses de intercambio

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, recibiron este luns, no Salón de Plenos do Concello, a alumnos e alumnas que participan no intercambio entre o instituto lugués Virxe dos Ollos Grandes e o francés de Toulouse. No encontro, no que tamén participou profesorado dos dous centros, os edís déronlles a benvida á cidade, explicándolle os atractivos de Lugo.

Noticias relacionadas