En xullo comezan tres novos cursos de formación e entretemento do programa +XTi

Xoves, 27 de xuño de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, presenta tres novos cursos que comezarán nos mes de xullo dentro das actividades de formación do programa +XTI, coa que se pretende favorecer a súa ocupación e incorporación laboral a través de formacións demandadas e que conten un interese e atractivo para a mocidade.

Este programa está orientado para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos porque moitos deixan de estudar e esta é unha boa forma de complementar os coñecementos o que axuda moito á hora de atopar traballo.

Curso de Complementos e detalles de coiro

Esta actividade conta cun total de 15 prazas, que se vai desenvolver de luns a venres en horario de 12:00 a 14:00 horas. A duración do curso é do 1 ao 12 de xullo. O único requisito é ter entre 16 e 30 anos e inscribirse gratuitamente no Centro de Convivencia Maruja Mallo.

Curso de creatividades con papel de Cómic e Pintura en Téxtil

Esta actividade conta cun total de 15 prazas, que se vai desenvolver de luns a venres en horario de 12:00 a 14:00 horas. A duración do curso é do 15 ao 29 de xullo. O único requisito é ter máis de 12 anos. Tamén se celebrará no Centro de Convivenvia Maruja Mallo.

Curso de Monitor de Ludoteca

Esta actividade que conta cun total de 60 horas vaise desenvolver de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas. O número de prazas é de 15 persoas que poderán coñecer como traballar nunha e que actividades realizar nunha ludoteca infantil, entre o 15 de xullo ao 6 de agosto. O único requisito é ter entre 16 e 30 anos e inscribirse gratuitamente antes do 8 de xullo. O curso desenvolverase no Centro de Convivencia Maruja Mallo.

Noticias relacionadas