En vigor as ordenanzas con vantanxes fiscais para as explotacións do rural e as persoas usuarias de comida no fogar e a Escola de Música

Para Ana Prieto, trátase dun paquete de vantaxes fiscais co obxecto de dinamizar o medio rural e contribuír á igualdade de oportunidades dos veciños e veciñas máis desfavorecidos

Martes, 02 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Entran en vigor as ordenanzas con vantanxes fiscais para as explotacións do rural e as persoas usuarias de comida no fogar e a Escola de Música. Así o avanzou a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, quen lembrou que foron aprobadas no último pleno ordinario, tras a luz verde da Comisión de Contas. Trátase dun paquete de vantaxes fiscais co obxecto de dinamizar o medio rural e contribuír á igualdade de oportunidades dos veciños e veciñas máis desfavorecidos.

A Corporación Municipal aprobou estas medidas para as modificacións das ordenanzas referidas á implantación dunha bonificación do 95% no Imposto de Bens Inmobles (IBI) das construccións destinadas a actividades económicas agrarias ou gandeiras pertencentes ao sector primario co fin de dinamizar social e economicamente o rural, así como a exención do copagamento ás persoas usuarias de comida no fogar nos casos en que o motivo que orixina esta prestación sexa unha problemática de exclusión social, desestruturación familiar ou pobreza infantil e a matrícula gratis nas materias do Bloque D para o alumnado da Escola Municipal de Música que xa superara os 6 anos de permanencia no centro na súa materia instrumental, e tamén para os que xa estean matriculados en unha ou máis materias de calquera do resto dos bloques.

Así mesmo xa está en vigor a exención do IBI á Xunta por cinco centros sanitarios durante seis anos para afrontar a dotación do equipamento do novo auditorio.

Audio

  • Ana Prieto, sobre as ordenzanas con vantanxes fiscais | Descargar mp3

Noticias relacionadas