A Empresa Municipal de Vivenda e Solo Evislusa aproba o seu orzamento para 2010 por máis de 400.000 euros

Venres, 11 de decembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A empresa municipal de Vivenda e Solo Evislusa aprobou hoxe o seu orzamento por un importe total de 416.916,01 euros, co apoio do BNG e a abstención do PP. Este importe estará destinado a:

- Á xestión das políticas de vivenda do Concello de Lugo:
1. Axudas ao aluguer e
2. Axudas a adaptación de vivendas para discapacitados e maiores de 65 anos

- Á xestión das áreas de rehabilitación existentes no municipio:
Área de rehabilitación do Casco Histórico
Área de rehabilitación integral do Sagrado Corazón

- Ao estudo das necesidades e propostas do Casco Histórico de cara a futura modificación do PREPI

- O estudo do patrimonio municipal do solo

A redución do presuposto con respecto de anos anteriores responde fundamentalmente a:
1- Unha contención do gasto corrente
2- Finalización da execución das obras de urbanización dos polígonos de Paradai

Así mesmo, deuse conta da fase de preselección dos candidatos a xerentes á que optaban 13 candidatos, dos que sólo pasaron á seguinte fase aqueles que acaden un mínimo de cinco puntos. A nova proba consistirá nunha entrevista persoal á que optarán 3 persoas e que poden ser catro en función dunha xustificación documental.

Noticias relacionadas