Elixidos os tres finalistas do Concurso de Escaparates de Nadal

Luns, 15 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Elixidos os tres finalistas do Concurso de Escaparates de Nadal

O xurado do Concurso de Escaparates de Nadal, organizado pola Federación de Comercio de Lugo en colaboración co Concello de Lugo, elixiu este luns os tres establecementos finalistas desta edición. Por orde alfabética son: Confeccións García, Óptica da Torre e Peletería Lucus.

A orde dos premiados darase a coñecer no transcurso do acto que se celebrará o próximo día 26 de xaneiro na Lanuxe Cárcere e no que tamén se entregarán os premios da campaña Merca e Gaña polo Nadal, que Federación e Concello organizaron xunto á Deputación de Lugo.

O xurado, formado por tres profesionais relacionados co escaparatismo, destacou o bo nivel dos traballos presentados. Participaron nesta edición: Alfaia Lucus, Centro de Estética Laura Abel, Elegante Moda, Confeccións García, O Edén do Padal, Estudo 27, Janeiro Florería, A Casiña Pérez, Lugóptica (Rúa Progreso e Avda. Coruña), Mamá Limón, Miss Mariquita, Moninadas, Óptica da Torre, Óptica Raíña, Opticalia Callao, Pan de Prata, Peletería Lucus, Singular, Spiral, Triskel, Un amor de botón e Xoaniña.

O concurso de Escaparates de Nadal tivo por obxectivo promover a creatividade dos empresarios do sector do comercio de proximidade da capital lucense, de forma que os establecementos fosen máis atractivos e fomentasen o espírito de compras nunha época tan importante para as vendas como é o Nadal.

Multimedia

  • Elixidos os tres finalistas do Concurso de Escaparates de Nadal
  • Elixidos os tres finalistas do Concurso de Escaparates de Nadal

Noticias relacionadas