Ela sabe a sol, o novo disco de NajlaShami pecha o ciclo Mulleres con Forza

O concerto forma parte da programación trimestral Mulleres con Forza, que organiza o Concello e a Deputación de Lugo para achegar o feminismo á cidadanía. A cantante e compositora multicultural presentou o seu novo disco Ela sabe a sol

Venres, 07 de xuño de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Vello Cárcere acolleu esta tarde o concerto de NajlaShami, a última das actividades da programación trimestral do ciclo Mulleres Con Forza, promovida polo Concello e a Deputación de Lugo para achegar o feminismo á cidadanía.

A cantante e compositora galega e palestina, que creceu en Lugo, NajlaShami, presentou o seu novo disco Ela sabe o sol e inundou este centro sociocultural de sons de estilos multiculturais e femininos.

NajlaShami publicou en 2013 o seu primeiro traballo en solitario, o disco-libro “Na lingua que eu falo”cunha atractiva fusión musical e poemas da poetisa galega Rosalía de Castro. Foi seleccionada como finalista nos XIII Premios Opinión de Música Folk nas categorías de Mellor Novo Artista e Mellor Tema Orixinal.

A programación Mulleres con Forza promovida por Concello e Deputación Lugo contou con variadas propostas para darlle visibilidade e potenciar o movemento feminista nesta primeira metade do 2019. Entre elas destacaron un ciclo curtos contra a violencia de xénero, Faladoiros Feministas e varias conferencias e xornadas. A música feminina completou esta programación coa voz de varias mulleres cantantes: NajlaShami, Faia Díaz, Iria Estévez e Sonia Lebedynski.

Noticias relacionadas