Duplicado o número de viaxeiros chegados á Oficina Municipal de Turismo en marzo

Máis de 3.600 persoas se achegaron ao centro municipal da Praza do Campo en marzo, multiplicando por dous a cifra do mes de febreiro, e incrementándose nun 33% e 45% con respecto ao mesmo período do ano 2015 e 2014

A rede museística municipal rexistrou un 47% máis de visitas en marzo que no pasado mes de febreiro, preto de 4.000 persoas

Domingo, 03 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Duplicado o número de viaxeiros chegados á Oficina Municipal de Turismo en marzo

A Oficina Municipal de Turismo de Lugo atendeu a máis de 3.600 persoas en marzo, multiplicando por dous a cifra do pasado mes de febreiro e incrementándose nun 33% e 45% con respecto ao mesmo período do ano 2015 e 2014, “o que apunta a que estamos ante o mellor de marzo dos últimos anos”, tal e como subliñou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

“Se os datos de xaneiro e febreiro eran bos para Lugo, os de marzo son remarcables. Este incremento covídanos a seguir apostando por unha estratexia de promoción turística que combine as singularidades de Lugo, cun amplo abano de actividades que potencien estas excepcionalidades”, asegurou a edil, quen subliñou que cada récord de visitantes confirma o turismo como motor de desenvolvemento da cidade.

Carmen Basadre apuntou ademais que estes “magníficos datos poñen de manifesto que a política en materia de turismo que estamos levando dende o equipo de Goberno da os seus froitos”, posto que mes tras mes se eleva o número de viaxeiros que visita Lugo. Neste senso, a Concelleira insistiu en redoblar os esforzos para manter este alto nivel de crecemento ao tempo que lembrou o aumento dun 92% do turismo na cidade dende o ano 2000.

A edil tamén fixo fincapé no reiterado incremento de viaxeiros como un aliciente para seguir ofertando un amplo abano de actividades turísticas de calidade, como as rutas pola cidade, polo Camiño Primitivo e polo barrio da Ponte ofrecidas durante a Semana Santa, nas que participaron máis de 200 persoas; así como para seguir buscando a pernoctación na cidade.

Máis do 95% dos visitantes que se achegaron á Praza do Campo eran españois, o que dá conta un mes máis do bon comportamento do turismo nacional. Os catalanes, os madrileños e os vascos son os que máis visitaron a cidade luguesa, supoñendo preto do 50% das visitas nacionais. Entre os arredor de 150 foráneos, atopánse arxentinos, alemáns, italianos, franceses, brasileños e estadounidenses, entre outros.

Un 47% máis de visitas aos museos municipais
A rede musesística municipal rexistrou un 47% máis de visitas en marzo que no pasado mes de febreiro, preto de 4.000 persoas. A Casa dos Mosaicos e a Domus do Mitreo foron os centros máis visitados, con preto de 1.300 persoas cada unha. Pola Sala de Exposicións Porta Miña pasaron máis de 670 visitas, unha cifra similar á que se achegou ao Museo Interactivo da Historia de Lugo. O Centro Arqueolóxico de San Roque rexistro un centenar de visitas.

Noticias relacionadas