Ducias de persoas gozan do desfile de disfraces de adultos, no que o Concello repartiu premios por 6.650€

Martes, 05 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ducias de persoas gozan do desfile de disfraces de adultos, no que o Concello repartiu premios por 6.650€

A carpa instalada polo Concello na Praza Maior ante a previsión de choiva encheuse de ducias de persoas que gozaron do desfile de disfraces de adultos do martes de Entroido, que contou coa participación de 7 individuais, 7 parellas e 18 comparsas. Creatividade, orixinalidade, bo humor e cor foron o denominador común do participantes nunha xornada co actor e director teatral Carlos Iglesias como mestre de cerimonias e coa música de Raíces do Campo e a charanga Caliqueños.

A Alcaldesa, Lara Méndez, e as Concelleiras de Cultura, Carmen Basadre, Benestar Social, Anta González Abelleira, e Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, asistiron ao concurso, no que o Concello repartiu premios por un importe total de 6.650€.

O fallo do xurado, que estea no estivo formado polos profesionais Juan Álvarez, Lola Fernández Fernández e Mónica Márquez Veytia, foi o seguinte:

Individuais

  • 1º premio: O Dragón máxico de reciclaxe (500€)
  • 2º premio: Krampus, mito o leyenda (300€)
  • 3º premio: Xirando o muíño do café (200€)
  • 3 premios de 50€: La Bruja mala de Disney; Fantasía de reciclaxe; e A Coella do Xunco.

Parellas

  • 1º premio: Embaixadoras da Antártida (600€)
  • 2º premio: As Noticias do ano (400€)
  • 3º premio: Reciclaxe Espacial (300€)
  • 3 premios de 100€: Aves do paraíso; La Domadora y su león; e Corre que te como.

Comparsas

  • 1º premio: Estacionados (1.100€)
  • 2º premio: Non Damos puntada sen fío (800€)
  • 3º premio: Desde Springfield chegan os Simpson (600€)
  • 7 premios de 200€: Ovos Band; Curuxas; O Mar de Triscos; La Reina del Carnaval; Hoxe Voda, mañá divorcio; Magic Circus; e Dragón Chino e a vivir.

O programa de actividades finalizará mañá, mércores de cinza, co tradicional enterro da sardiña, ás 20:00 horas. Para rematar o Entroido celebrarase o xa clásico concurso de ferretes, que conta coa colaboración do Concello, e cunha dotación de 500 euros en premios.

Multimedia

  • Ducias de persoas gozan do desfile de disfraces de adultos, no que o Concello repartiu premios por 6.650€

Noticias relacionadas