Dispoñibles as entradas gratuítas para o único concerto de España de Jack Broadbent no Vello Cárcere, que actúa o domingo neste centro

Aínda que o acceso ao concerto é de balde, é preciso retirar invitación dado que o aforo do centro sociocultural é limitado. As persoas interesadas poden facerse coa súa nestas instalacións municipais no seu horario habitual

Luns, 22 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Dispoñibles as entradas gratuítas para o único concerto de España de Jack Broadbent no Vello Cárcere, que actúa o domingo neste centro

Dende este sábado xa están dispoñibles as entradas gratuítas, no Vello Cárcere, para o único concerto de España do guitarrista Jack Broadbent, que actúa por primeira vez en Galicia este domingo, escollendo Lugo e este centro sociocultural como escenario. A actuación enmárcase dentro do ciclo Galicia Importa da Axencia Galega de Industriais Culturais (AGADIC), que tamén chega por primeira vez á cidade coa colaboración do Concello.

O concerto arrincará ás 19:00 horas. Aínda que o acceso á actuación é de balde, é preciso retirar invitación, dado que o aforo do centro sociocultural é limitado. A propia promotora do evento, Sweet Nocturna, puxo 100 entradas a disposición do público a través da plataforma electrónica Ataquilla.com, que xa están agotadas. Das que dispón o Concello, ao redor dunhas 140, aínda quedan entradas dispoñibles. As persoas interesadas poden retiralas nas propias instalacións municipais, no horario habitual do centro: de luns a domingo de 11:00 a 14:00 horas en xornada de mañá, martes, mércores e domingo de 17:00 a 20:30 en xornada de tarde; e xoves, vernes e sábado, de 17:00 a 22:30 horas en quenda de tarde.

Jack Broadbent chama a atención pola súa peculiar técnica ao tocar, sacándolle sons á súa guitarra usando unha petaca de whisky vacía. Con gran capacidade de comunicar, a súa forma de transmitir, a súa enerxía e a súa actitude auténtica converteuse en bluesman. En pouco tempo pasou de tocar na rúa a ser reclamado para actuar en importantes festivais de América, Europa, Xapón ou Australia.

Broadbent, ao que lle é suficiente coa súa voz e a súa guitarra, á que lle chama Marilyn, conta con 4 discos ás súas espaldas e con concertos con entradas agotadas por medio mundo.

Noticias relacionadas