Díaz Grandío presenta a XXIII edición do Dúatlon de Cidade de Lugo que se disputa este domingo

Venres, 22 de febreiro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Xefe de Servizo Provincial da Xunta de Galicia, Manuel Otero, o Director da proba deportiva, José Ángel Fernández, e o Presidente da Federación Galega de Tratlon, Francisco Villanueva, presentaron hoxe a XXIII edición do Dúatlon de Cidade de Lugo “Memorial Alejandro López”, organizado pola Federación Galega de Tríatlon, o Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial e A.D.FeFeMe Tríatlon do Miño, e que conta co patrocinio do Concello de Lugo.

Segundo destacou o Concelleiro de Deportes, “esta é unha das probas mais antigas do calendario deportivo lucense, e que conta con importantes deportistas que acoden a esta competición, xa que puntúa para o campionato galego”.

A carreira terá lugar o vindeiro domingo, día 24 de febreiro, no entorno do Pazo de Feiras e Congresos. A recollida de dorsais poderá facerse na carpa da organización, no Pazo de Feiras e Congresos, de 8.30 a 9.30 horas. Ás 10.00 horas será a saída feminina; ás 10.10 horas será a saída masculina A; e ás 11.30 horas terá lugar a saída masculina B. A distancia a percorrer será de 5 km de carreira a pé, 20 km en bicicleta e 2,5 km de carreira a pé.

Segundo sinalou Miguel Fernández, Director da proba, “nesta ocasión contaremos con moitos deportistas gañadores de campionatos e que manifestan a boa acollida desta proba no mundo do duthlon”.

Premios
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría. Ademais, o primeiro clasificado en categoría absoluta masculino e feminina, recibirán 150 euros; os segundos clasificados 100 euros, e os terceiros clasificados 50 euros. O primeiro club masculino e feminino recibirán 100 euros. Ademais, todos os que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo do XXIII Dúatlon Cidade de Lugo.

Multimedia

Noticias relacionadas